top of page

Sesións de  Nadal

Quen nos ía decir en xaneiro que este ano con aparencia tan bonita nos ía amosar unha cara tan pouco agradable 😕. Aínda así, seguro que todas temos moitas cousas boas polas que festexar! 😊🎉

 

Para celebrar estas datas tan especiais, quixemos facer un decorado que represente o fogar, os momentos cotiás da vida e os momentos de gozar en familia.

 

Tamén, queremos darlle moita importancia ao feito de felicitar as Festas a todos os familiares ou amigxs que están lonxe e que este ano non puidemos ver. Polo que cada pack inclúe unha felicitación dixital para que poidas enviar por WhatsApp ou email.

Así será o decorado deste Nadal...

amuebleria_nadal2020.jpg

95€

...e así son os nosos packs

Amueblando un pouquiño

PACK 1

• 30 min de sesión

• 10 fotografías a máxima calidade (descarga dixital)

• 10 fotografías impresas en 15x20 cm

• 1 felicitación dixital

Posibilidade de ampliar o teu pack con máis produtos

Amueblando un moitiño

PACK 2

• 30 min de sesión

• 20 fotografías a máxima calidade (descarga dixital)

• 10 fotografías impresas en 15x20 cm

• 1 felicitación dixital

• Álbum fotográfico de 20x20 cm e 10 páxinas

• 4 postais de 13x18 cm

• 6 marcapáxinas de 7x20 cm con calendario

• 2 calendarios semestrais de sobremesa

Posibilidade de ampliar o teu pack con máis produtos

195€

Produtos extra para completar o teu pack

• Foto extra (descarga dixital): 8€

• Galería completa: 50€

• Pack de 10 fotografías impresas: 15€

• Pack de 4 postais: 5€

• Calendario de parede: 8€

• Enmarcación creativa: 40€

O día da sesión poderás ver cada produto e escoller os que prefiras para completar os teus agasallos de Nadal.

Cando serán as sesións?

As sesións de Nadal realizaranse os seguintes días: 5, 6 e 7 de novembro; 12, 13 e 14 de novembro; 19, 20 e 21 de novembro. O motivo de facelas con tanta antelación é para que poidades ter as vosas fotos, álbum ou felicitacións para as Festas, pois os laboratorios nesas datas sempre teñen moita carga traballo. Tamén, con motivo da covid-19, se tiveramos que gardar corentena ou aprazar algunha sesión, é importante ter marxe para poder reubicar as datas.

As sesións realizaránse cada hora e media, para que dea tempo a limpar e desinfectar o decorado e a zona cercana ao mesmo.

Quen pode participar na sesión?

As sesións están orientadas aos máis cativos, especialmente a nen@s entre os 8 meses e os 8 anos. Peeero tamén faremos fotos de familia, porque nunhas datas tan especiais queremos que vos levedes un bonito recordo en familia.

Como temos que ir vestidos?

Unha vez reservada a sesión, enviarémosvos vía WhatsApp un pequeno dossier con diferentes paletas de cor e algunhas ideas. Despois, podedes adaptar o vestiario según os vosos gustos ou posibilidades.

Que pasa se o día reservado non podemos ir?

Sabemos que pode haber contratempos, e mais en tempos de coronavirus.

• Se o motivo é un contratempo persoal, trasladaremos a sesión para outro día. 

• Se o motivo é por causa da covid-19 (corentena, confinamento de poboación, etc.) pospoñeremos a sesión para facela tan pronto como sexa posible. Se non fora posible realizar a sesión antes do Nadal, gardaríamos a reserva e poderíades facer unha sesión polo mesmo valor antes do 31 de decembro de 2021.

Cando recibirei as miñas fotos?

Nun prazo de 5 días aproximadamente recibirás a galería online para que poidas escoller as fotos que queres imprimir.

Cómo reservo a sesión?

É moi doado. Pulsa o botón de RESERVAR, escolle a data e hora axeitada para ti e selecciona o pack que máis che guste. Lembra que posteriormente poderás engadir máis produtos para os teus agasallos. Unha vez que escollas o pack e día para a túa sesión, terás que cubrir un cuestionario que aparecerá a posteriori. Para rematar, terás que facer unha transferencia bancaria de 50€. A cantidade restante, pagarase en efectivo o día da sesión.

bottom of page